Inicio

Benvidos á EME, a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía

Novos plans de estudos adaptados ás necesidades da sociedade

#unfuturocheoderecursos #enxeñaría #enerxíasrenovables #novosmateriais #desenvolvementotecnolóxico #desenvolvementosostible #economíacircular

 

Por un futuro cheo de recursos

Tanto a docencia teórica como a práctica desenvolveranse de maneira 100% presencial

Grao en Enxeñaría da Enerxía

#unfuturocheoderecursos #eficienciaenerxética #enerxíasalternativas

 

Accede á Xornada de Portas abertas Virtual

Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos

#unfuturocheoderecursos #desenvolvementotecnolóxico #medioambiente #novosmateriais #enerxía #direccionproxectos

 

Accede á Xornada de Portas abertas Virtual

a escola na prensa

 

Novas na prensa

Distintivo de Igualdade

O Distintivo de Igualdade nace coa fin de visibilizar e de recoñecer pública e institucionalmente o esforzo de moitas persoas que, na nosa universidade, loitan día a día por investigar, ensinar, transferir, xestionar e producir coñecemento científico, incorporando a ollada de xénero e feminista. Esta iniciativa pretende recoñecer o traballo dos centros, escolas e facultades no ámbito do fomento da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes e, deste xeito, acadar unha universidade máis humana, igualitaria e xusta.

A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía obtivo o Distintivo de Igualdade o 8 de abril de 2022.

Centro certificado FIDES-AUDIT

A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía deseñou un Sistema de Garantía de Calidade (SGC) en colaboración coa Área de Calidade da Universidade de Vigo e conforme ás directrices do programa FIDES-AUDIT.

A ACSUG emitiu a correspondente avaliación positiva do deseño do SGC do centro o 27/07/2009. Posteriormente, con data 07/10/2014, a ACSUG emitiu con resultado favorable o informe de certificación de implantación do SGC no centro. Con data 09/06/2021 o centro obtivo a renovación da certificado de implantación (re-certificación) do Sistema de Garantía de Calidade.

Selo EUR-ACE®

O Máster Universitario en Enxeñaría de Minas conta co certificado europeo de calidade EUR-ACE®, que acredita que cumpre de forma excelente coas esixencias profesionais da enxeñaría europea.

Máis información