Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Prácticas externas

As prácticas en empresas facilitan a preparación para o exercicio profesional do estudantado e promoven o desenvolvemento profesional e o acceso ao mercado laboral

A EME conta con máis de 50 convenios con empresas en sectores como o enerxético, a explotación de recursos naturais, augas, medio ambiente, obras civís, materiais..., que colaboran coa formación dos nosos estudantes de Grao e Mestrado.

COORDINACIÓN DE PRÁCTICAS

Javier Taboada Castro

+34 986 813 796

En termos xerais, as prácticas externas poden adoptar dúas modalidades:

  • Prácticas externas curriculares, que se configuran como actividades académicas integradas como materias dun plan de estudos con carácter obrigatorio ou optativo.
  • Prácticas externas extracurriculares, que se realizan con carácter voluntario durante o período de formación e que, aínda tendo os mesmos fins que as prácticas curriculares, non forman parte do correspondente plano de estudos

Nas titulacións de grao adscritas á EME as prácticas externas son de carácter extracurricular.

Por outra banda, no mestrado en Enxeñaría de Minas, as prácticas externas forman parte do plan de estudos, e, polo tanto, son de carácter curricular.


Prácticas externas 2016-2017


Normativa de prácticas externas extracurriculares na EME


Listaxe de empresas colaboradoras nas prácticas extracurriculares 2012-2015
Listaxe de empresas colaboradoras nas prácticas curriculares 2016-2017
Listaxe de empresas colaboradoras nas prácticas curriculares 2015-2016

Listaxe completo de empresas 2012-2016