Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Mobilidade nacional

Programa SICUE


O programa SICUE (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois) permite realizar un periodo de estudos (un semestre ou curso completo) nunha universidade española diferente á de orixe do estudante, sen que este perda a súa condición de estudante da propia universidade, é dicir, sen traslado de expediente.

O Coordinador de Relacións Internacionais é a persoa encargada, con apoio do equipo administrativo do centro e da Universidade, de xestionar todo o proceso administrativo, do asesoramento do estudantado, tanto propio como de acollida, e de organizar a difusión da información. A información sobre o programa difundese na páxina web da Facultade e organizanse anualmente reunións informativas e de asesoramento.

O estudantado ten á súa disposición información sobre os plans de estudos dos centros de destino.


Convocatoria SICUE 2017-2018


COMO SOLICITAR SICUE?

  • Forma de solicitude: Entrando con teu DNI, NIU e contrasinal na túa Secretaría Virtual do estudantado
  • Prazo de solicitude: do 10 de febreiro ao 10 de marzo de 2017
  • Onde escribir ou chamar en caso de dúbidas? ou 986 812 693

DOCUMENTACIÓN DA CONVOCATORIA

Texto da convocatoria SICUE 2017-2018
Listaxe de prazas
Instrucións proceso SICUE (castelán)


Máis información na web do SIOPE