Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Mestrado en Xeoinformática

Motivación

O Máster Universitario en Xeoinformática polas Universidades de Vigo e Coruña nace como un título de alta especialización para xerar profesionais orientados ó mercado da industria xeoespacial. A industria xeoespacial é un dos sectores que máis rapidamente creceu nos últimos anos debido as diferentes aplicacións relacionadas con sistemas de posicionamento global, sistemas de información xeográfica, dispositivos móbiles ou teledetección satelital.

Actualmente entorno ó 80 % dos datos dispoñibles por parte dunha empresa ou administración son de tipo xeorreferenciado, onde a compoñente espacial, entendido como a capacidade de xeolocalizar datos, axuda a obtención de información de gran valor para a toma de decisións. Xorde entón a necesidade de xestionalos de forma eficaz, ordeada e estruturada para a súa utilización de forma correcta, onde a accesibilidade, estandarización e interoperabilidade resultan claves para o desenvolvemento da actividade.

A xeoinformática presenta aplicacións a diversos eidos de actividade, como por exemplo intelixencia xeoespacial, xestión urbanística, xestión do medio natural, xestión de infraestructuras, xeomárketing, xeosaúde, análise espacial, xeoestadística, etc.


Número de créditos: 60

Periodicidade da oferta: Anual.

Réxime de estudo: Tempo completo, tempo parcial e formación continua.


Acceso

Estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país de orixe para o acceso a ensinanzas de máster.

Tamén poderán acceder titulados de sistemas educativos alleos ao EEES, previa comprobación pola Universidade de que acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que faculta no país expedido do título para o acceso a ensinanzas de posgrado.


Admisión

Establécese un límite de 30 prazas de novo acceso por ano.

Considérase perfil de ingreso recomendado os graos en Xeomática e Topografía, Enxeñería Informática, Enxeñería en Tecnoloxías das Telecomunicacións, Matemáticas, Física, Enerxía, Enxeñería dos Recursos Mineiros e Enerxéticos, Enxeñería Forestal, Enxeñería Agrícola, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar, Enxeñería de Obras Públicas, Tecnoloxías da Enxeñería Civil e Xeografía e Ordenación do Territorio. Se considera perfil de ingreso afín ó Grao en Enxeñería Industrial (tódalas ramas) e Arquitectura.

No caso de que as solicitudes superen o número de prazas a comisión académica da titulación ordenará as mesmas en función do seu expediente académico, ponderando con 0.75 os estudantes de titulacións afíns e con 0.5 aqueles de titulacións non afíns.


Profesións reguladas para as que capacita:

Non capacita para profesión regulada


Centro de adscrición: EME

Coordinador: Higinio González Jorge

Tlf: +34 986 818752

Mail:


Páxina web: http://www.mastergeoinformatica.es

Memoria Mestrado