Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Recursos materiais e servizos

Recursos materiais


aula

AULAS DE TEORÍA GRANDES

Capacidade: 98 alumnos
Aulas de gran capacidade. Normalmente o alumnado permanece sentado.
Usos habituais: Clases maxistrais a grandes grupos. Exames e outras probas escritas e orais.

Aulas M-211, M-212 e M-213
Equipos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. TabletPC con conexión de vídeo e IP. Bancos con asentos e mesas.


AULAS DE TEORÍA MEDIANAS

Capacidade: 70 alumnos
Aulas de media capacidade. Normalmente o alumnado permanece sentado.
Usos habituais: Clases maxistrais a grandes grupos. Exames e outras probas escritas e orais.

Aulas M-106, M-107 e M-108
Equipos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. TabletPC con conexión de vídeo e IP. Bancos con asentos e mesas.


AULAS DE TEORÍA PEQUENAS

Capacidade: 39 alumnos
Aulas de pequena capacidade. Normalmente o alumnado permanece sentado.
Usos habituais: Clases maxistrais a pequenos grupos. Exames e outras probas escritas e orais.

Aulas M-103, M-104 e M-105
Equipos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. TabletPC con conexión de vídeo e IP. Bancos con asentos e mesas.


AULA DE GRAO

Capacidade: 70 alumnos
Aula de Grao coa disposición habitual de tarima e butacas.
Usos habituais: Presentación de proxectos, Conferencias, Mesas redondas, Cursos, Seminarios, Proxeccións e Actos Protocolarios.

Aula de Grao
Dotado de medios de proxección dixitais, audio e vídeo. Lousa interactiva para presentacións. Mesa de tribunal con 5 postos.

laboratorio docente

LABORATORIOS DOCENTES

Capacidade: 20-25 alumnos
Espazos dotados de medios tecnolóxicos específicos e medios docentes. Adoita ter postos de traballo individuais.
Usos habituais: Desenvolvemento de traballos, exercicios ou proxectos de carácter teórico-Práctico con uso de tecnoloxía específica. Clases Prácticas. Prácticas de Laboratorio. Exames e probas prácticas.


Laboratorio Nº 1: Geoquímica
Equipos de prospección de augas e solos. Equipos de análises de augas e solos.
Materias especialmente vinculadas: Xeoloxía; Prospección e avaliación de recursos; Geofísica, Geoquímica e Geotermia.


Laboratorio Nº 2: Geofísica
Equipos de prospección geofísica (SEV, tomografía eléctrica, sísmica, magnética, electromagnética) Software de interpretación de datos geofísicos.
Materias especialmente vinculadas: Xeoloxía; Prospección e avaliación de recursos; Geofísica, Geoquímica e Geotermia.


Laboratorio Nº 3: Prospección
Colección de Minerais e Rocas. Mapas topográficos e xeolóxicos. Biblioteca.
Materias especialmente vinculadas: Xeoloxía; Prospección e avaliación de recursos; Geofísica, Geoquímica e Geotermia.


Laboratorio Nº 6: Explosivos
Espazo dotado de equipos e material de laboratorio necesario para o desenvolvemento das prácticas.
Materias especialmente vinculadas: Voaduras; Obras Subterráneas; Construción e movemento de terras.


Laboratorio Nº 7: Explotación de Minas
Espazo dotado con equipos para caracterización de rocas e áridos e equipos informáticos.
Materias especialmente vinculadas: Explotación sustentable de recursos mineiros I e II.


Laboratorio Nº 8: Rocas ornamentais
Equipos e material básico analítico de laboratorio, equipos de caracterización físico-mecánica de rocas, microscopio petrográfico e óptico de luz reflectida e estereoscopio, espectrofotómetro para caracterización da cor, equipos para medida de eficacia e durabilidad de tratamentos superficiais.
Materias especialmente vinculadas: Rocas industriais e ornamentais; Mecánica de Solos; Mecánica de Rocas; Sondaxes, petróleo e Gas.


Laboratorio Nº 9: Mineralurgia
Equipos de triturado e procesado de áridos: machacadoras, clasificadoras,… mesas con 14 postos.
Materias especialmente vinculadas: Mineralurgia.


Laboratorio Nº 14: Xestión ambiental e Tecnoloxía do Medio
Atópanse os capturadores de datos (datalogger). Sondas e sensores de temperatura, Ph, salinidade, etc
Materias especialmente vinculadas: Tecnoloxía Ambiental.


Laboratorio Nº 15: Enxeñaría Ambiental
Esta aula laboratorio contén planos, mapas, equipos de río para aforamento de canles e estudos de transectos para escalas de peces.
Materias especialmente vinculadas: Tecnoloxía Ambiental.


Laboratorio Nº 16: Xeoloxía Ambiental
Contén equipo de tratamento de augas, sistema de bombeo, análise de metano en atmosferas, mostras de residuos, estación metereológica, etc
Materias especialmente vinculadas: Tecnoloxía Ambiental.


Laboratorio 19: Física
Equipos e material básico octuplicado para o estudo de diversos conceptos, principios e leis relacionados coas leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo.
Materias especialmente vinculadas: Física I e II.


Laboratorio Nº 20: Xeomática I
14 postos de computador co software necesario para o procesado e tratamento de imaxes e datos.
Materias especialmente vinculadas: Cartografía temática e teledetección; SIG e ordenación do territorio.


Laboratorio Nº 21: Xeomática II
20 postos para clases prácticas.
Materias especialmente vinculadas: Cartografía temática e teledetección; SIG e ordenación do territorio.


Laboratorio Nº 22: Xeomática III
Equipos de medición topográfica (estacións totais, balices, prismas, flexómetros, niveis), e medición 3D (cámaras fotográficas semimétricas dixitais réflex e dixitais compactas, laser escáner terrestre), GPS Ao-TOP dobre frecuencia modo RTK con PCA, software de visualización e procesamento de datos.
Materias especialmente vinculadas: Xeomática; Xestión de obras e replanteos.

laboratorio de investigación

LABORATORIOS DE INVESTIGACIÓN

Capacidade: 5-10 alumnos
Espazos destinados aos labores de investigación dos distintos grupos de investigación do Centro.
Usos habituais: Desenvolvemento dos labores de investigación, lugar de traballo do alumnado vinculado a estes grupos.


Laboratorio Nº 4: Prospección e investigación Mineira
Espazo dotado de medios informáticos, software e equipos de investigación, biblioteca.
Materias especialmente vinculadas: Traballos Fin de Grao, Proxectos Fin de Máster e Doutoramento.


Laboratorio Nº 5:
Postos con computador utilizados por alumnado dedicado á investigación e doutoramento.
Materias especialmente vinculadas: Traballos Fin de Grao, Proxectos Fin de Máster e Doutoramento.


Laboratorio Nº 17: Tecnoloxía Ambiental
Espazo dotado de medios informáticos, software e equipos de investigación…
Materias especialmente vinculadas: Traballos Fin de Grao, Proxectos Fin de Máster e Doutoramento.


Laboratorio Nº 18: Enxeñaría Cartografía, Xeodésica e Fotogrametría
Espazo dotado de medios informáticos, software e equipos de investigación…
Materias especialmente vinculadas: Traballos Fin de Grao, Proxectos Fin de Máster e Doutoramento.

aula 0

LABORATORIOS INFORMÁTICOS

Capacidade: 24 alumnos
Espazos dotados de medios informáticos para alumnado e profesor.
Usos habituais: Clases teórico-Prácticas con uso de software específico. Exames e probas Teórico-prácticas.

Laboratorios Informática 12 e 13
Estes espazos dispoñen de 25 postos máis o do profesor, todos eles dotados de computador con conexión a Internet e software específicos. Ademais as aulas contan cun equipo de proxección dixital para explicacións e presentacións.


AULAS DE INFORMÁTICA DE ACCESO LIBRE

Capacidade: 15 alumnos
Espazo dotado de medios informáticos para uso libre dos estudantes. Postos individuais.
Usos habituais: Apoio ao estudante. Uso de medios informáticos básicos e acceso a Internet dos estudantes.

Aula 0
Este espazo dispón de 15 postos dotados con computador con conexión a Internet e software básicos. Conta con impresora para uso dos estudantes.


LABORATORIO VIRTUAL DE INFORMÁTICA

Capacidade: 50 alumnos
Espazos dotados de medios informáticos virtuais para alumnado e profesor.
Usos habituais: Clases teórico-Prácticas con uso de software específico.

Laboratorio virtual de informática
Proxecto de virtualización baseado na existencia de grandes equipos informáticos (superordenadores) nos cales é posible levar a cabo a apertura de múltiples sesións. Cada sesión defínese como unha máquina virtual que utiliza unha parte dos recursos do superordenador como se fora un ordenador físico onde cada usuario pode traballar con todos os programas dispoñibles.

sala de xuntas de dirección

Despachos PDI
O centro conta con varias alas de despachos de profesorado así como salas de reunión e seminarios. Parte do profesorado comparte docencia e investigación con outros centros. A súa situación e contacto, xunto con a dos responsables de coordinación por cursos, pode consultarse de forma actualizada no apartado Coordinación e Profesorado da web do centro.


Delegación de alumnado
O local para o desenvolvemento das actividades de representación estudantil é o da Delegación de Alumnado que se atopa no 2º piso da EME. É xestionado polos representantes de estudantes que forman parte da Delegación de Alumnado de Minas.
Ademais, as asociacións de estudantes vinculadas á EME tamén gozan dese espazo mentres non poidan contar cun propio.


Sala de Xuntas de Dirección
Sala de reunións na planta baixa da Escola de Minas. Conta cunha mesa con 13 postos para PC e un aforamento de aproximadamente 40 persoas. Existen equipos multimedia para presentacións (proxector, pantalla de proxección e altofalantes) así como unha lousa e tamén 7 postos de conexión na mesa formados por 2 tomas de corrente, 1 toma ao proxector e 1 toma a internet.


Sala de Xuntas do Departamento IRNMA
Atópase ao principio da 1º planta no corredor de despachos. Posibilidade de facer reunións nunha mesa con 11 postos e lousa.


Despachos de billetes
Ao principio de cada curso escolar a Delegación de Alumnado encárgase de sortear os despachos de billetes dispoñibles entre o alumnado que a solicite. Estas son gratuítas e atópanse na pasarela de acceso á ETSE de Industriais.


Aula de gravación
Esta atópase na aula M106 da escola a disposición de todo o que a precise.


Outros recursos materiais
Existe material de apoio que pode ser utilizado polo profesorado na súa actividade no centro. O uso de material é controlado polo servizo de Conserjería da Escola. O material dispoñible consiste en proxectores dixitais e analóxicos, cables de conexión, pantallas, reprodutor de vídeo, cámara fotográfica e destrutora masiva de documentos.

biblioteca

BIBLIOTECA

Capacidade: 250 alumnos
Lugar de localización dos fondos bibliográficos da Biblioteca do Centro adscrita á Biblioteca Universitaria da Universidade de Vigo.
Usos habituais: Consulta de fondos. Lectura e estudo.

Biblioteca
Dotado de postos de consulta de fondos bibliográficos e 3 puntos de consulta en liña do catalogo. Os fondos supoñen un total de aproximadamente 223.000 títulos. Ademais dos postos de lectura. Acceso a minusválidos.


Servizos Xerais


Conexión sen fíos

O edificio da facultade dispón de conexión sen fíos á rede da universidade e, a través dela, a Internet. Todos os membros da comunidade universitaria teñen acceso a este servizo mediante clave vinculada á súa conta de correo persoal proporcionada pola universidade.


Préstamo de computadores

Préstamo de computadores portátiles a profesorado, alumnado e persoal administrativo da Escola de Minas de Vigo. Máis información no Negociado de Asuntos Xerais.


Recursos docentes en rede

Como apoio á actividade docente presencial, a Universidad de Vigo pon a disposición do profesorado a plataforma informática FaiTIC con recursos en liña destinados á teleformación.


Servizo de reprografía

O centro dispón de servizo de reprografía atendido por unha empresa externa contratada pola universidade. Ademais de fotocopiadora teñen servizo de escaneado, encadernación, venda de material…. Existe ademais un autoservizo de fotocopiador a disposición do profesorado, asociacións estudantís e persoal de administración e servizos.


Servizo de cafetería e comedor

O centro dispón de servizo de cafetaría e comedor atendido por unha empresa externa contratada pola Universidade.


Illa de catering

Esta atópase na entrada da escola a disposición de todo o mundo e conta con bebidas e snacks.