Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Prevención de riscos

Entenderase por "prevención" o conxunto de actividades ou medidas adoptadas ou previstas en tódalas fases de actividade da empresa co fin de evitar ou diminuír os riscos derivados do traballo

Artigo 4 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais

Na actualidade son numerosas as normas que establecen as pautas a seguir en materia de prevención de riscos laborais. Nembargante, o concepto de prevención na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas pretende chegar máis lonxe e formar parte da conciencia e saber facer de tódolos seus membros: dende os propios traballadores aos estudantes.

Non en van, o Estatuto do Estudante Universitario recolle, no seu artigo 7, o dereito do estudante universitario a “recibir formación sobre prevención de riscos e a dispor dos medios que garanten a súa saúde e seguridade no desenvolvemento das súas actividades de aprendizaxe”.

Tendo o mandato claro e a vontade de converter a prevención de riscos nunha competencia para a vida, neste espazo pódese atopar todo tipo de documentación útil en materia de prevención de riscos e autoprotección para os membros de la EME, visitantes e convidados.


+info: Prensa DUVI | UVigo | UVigoTV

Curso alarma e evacuación: evacuación e extinción
Presentación formación en emerxencias (UNIPRESALUD)
Presentación Plan Autoprotección SPRL UVIGO
Curso de primeiros auxilios