fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Curtametraxes Enerxéticas 2020

cartel curtas 2020

 

A este concurso poderanse presentar curtametraxes cunha temática que xirará arredor da enerxía, no sentido máis amplo. A modo de exemplo:

  1. Uso da enerxía no día a día, no ámbito cotián.
  2. Procesos de xeración, transporte, distribución e uso da enerxía.
  3. As fontes e os recursos enerxéticos convencionais e renovables.
  4. Problemas e retos aos que se enfronta a sociedade coa transición ecolóxica.

Pódense, polo tanto, presentar curtametraxes que teñan como tema central a enerxía, pero desde diferentes puntos de vista: consumo, social, industrial, medioambiental etc.

 

BASES DO CONCURSO
FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 

DATAS DO CONCURSO

  • Data de recepción: 20/03/2020 ás 20.00 h.
  • Exhibición e entrega de premios: 20/05/2020

 

XURADO

  • Un/unha profesional do ámbito do cinema
  • Un/unha docente do Grao en Enxeñaría da Enerxía
  • Membro/a do persoal de Administración e Servizos
  • Dous alumno/as (un/a por grao impartido na EME)

 

PREMIOS

  • Primeiro premio: Un diploma e un cheque de 300 €
  • Segundo premio: Un diploma e un cheque de 150 €

Cada participante recibirá un agasallo.

 

CONTACTO


986 814 077