fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Concurso ENERXIZA.RME 2020

cartel enerxiza.rme2020

Este concurso vai destinado ao alumnado de terceiro e cuarto da ESO, de bacharelato e de ciclos formativos. Poñerase a proba o seu enxeño e creatividade, e reforzaranse os estándares de aprendizaxe dos currículos de terceiro e cuarto da ESO, e de primeiro e segundo de bacharelato, relacionados coa hidráulica, pneumática, circuítos e automática.

Os/As concursantes deberán construír unha maqueta dunha instalación na que se manifeste a busca desta eficiencia enerxética. Poderán presentar maquetas de:

  1. Vivendas eficientes
  2. Centrais e plantas de enerxías renovables, como eólica, hidráulica, xeotérmica etc.

 

BASES DO CONCURSO
FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 

DATAS DO CONCURSO

  • Data límite de inscrición: 01/02/2020 ás 20.00 h.
  • Data límite de confirmación: 20/05/2020
  • Data da competición: 05/06/2020

 

XURADO

  • Un/unha especialista no ámbito da enxeñaría da enerxía
  • Dous membros/as do Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo
  • Un profesor/a de bacharelato
  • Dous alumno/as (un/a por grao impartido na EME).

 

PREMIOS

  • Primeiro premio: diploma e cheque por un valor de 300 € para o centro educativo.
  • Segundo premio: diploma e cheque por un valor de 150 € para o centro educativo.

Cada participante recibirá un agasallo.

 

CONTACTO


986 814 077