fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Concurso ESCAVA.RME 2020

cartel escava.rme2020

Desde a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (EME), convidamos o alumnado de terceiro e cuarto da ESO, de bacharelato e de ciclos formativos a asumir o reto ESCAVA.RME 2020. Poñerán a proba o seu enxeño e reatividade, e reforzaranse os estándares de aprendizaxe dos currículos de terceiro e cuarto da ESO, e de primeiro e segundo de bacharelato, relacionados coa hidráulica, pneumática, circuítos e automática.

Os/as concursantes deberán construír un equipo que sexa capaz de remover e de cargar material. O guindastre/grúa con sistema de carga poderá estar fixo ou ser móbil. O requisito fundamental é que poida rotar sobre si mesmo e permita realizar a carga do material.

BASES DO CONCURSO
FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 

DATAS DO CONCURSO

  • Data límite de inscrición: 01/12/2019 ás 20.00 h.
  • Data límite de confirmación: 15/03/2020
  • Data da competición: 03/04/2020

 

XURADO

  • Un/a especialista no ámbito do movemento de terras ou deseño de maquinaria mineira.
  • Dous membros/as do Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo.
  • Dous alumno/as (un/a por grao impartido na EME).

 

PREMIOS

  • Primeiro premio: diploma e cheque por un valor de 300 € para o centro educativo.
  • Segundo premio: diploma e cheque por un valor de 150 € para o centro educativo.

 

CONTACTO


986 814 077