Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

I Concurso de Restauración Sustentable de Espazos Mineiros

Qué facer cunha canteira en desuso? Podemos darlle algunha finalidade ao oco deixado e ao espazo creado? Cómo integrala na trama urbana se esta canteira está próxima a un núcleo urbano? Darlle algún uso é viable?


Para dar resposta a estas cuestións, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, que imparte as titulacións de Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e de Enxeñaría da Enerxía, organiza en colaboración coa Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) e o grupo empresarial Canteiras ARE, o I Concurso de Restauración Sustentable de Espazos Mineiros dirixido ao estudantado de 3º e 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.

Os/as participantes deste concurso desenvolverán un proxecto que propoña unha solución técnica, económica, social e medioambientalmente viable, a partir do aproveitamento do espazo do oco dunha canteira, con tres condicións básicas:

  • Desenvolvemento de solucións que posibiliten usos sociais e privados no volume comprendido no interior da canteira.
  • Solucións arquitectónicas e paisaxísticas destinadas á redución do impacto visual e medioambiental actual do espazo exterior da canteira.
  • Solucións tecnolóxicas que posibiliten a conservación e aforro enerxético, o uso enerxético e a introdución de enerxías renovables.

A través deste concurso, o estudantado terá a oportunidade de poñer en práctica os seus coñecementos relacionados coas Ciencias da Terra e do Medio Ambiente, a bioloxía e xeoloxía, o debuxo técnico e a tecnoloxía, mesturados con diferentes habilidades como a creatividade, a estética, o deseño e o traballo en equipo.

Tratase da restauración do oco creado pola explotación de áridos da Canteira Richinol explotado polo grupo empresarial Canteiras ARE. A canteira está ubicada nas inmediacións de Melide. É unha explotación a ceo aberto en ladeira de montaña que se explota en bancos de 10 metros de alto aproximadamente.

cantera

Para facilitar o desenvolvemento do proxecto facilitase información de diversa índole e formato da explotación:

1 Arquivos comprimidos con extensión .zip; descargar o descompresor gratuito 7zip: 32 bits | 64 bits

A información completa atopase nas Bases do Concurso ou en

Se estades interesados en participar presentade a ficha de inscrición de maneira presencial ou mediante correo postal na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. Universidade de Vigo. Campus de Vigo. 36310, Vigo (Pontevedra) ou vía telemática enviándoa ao correo , ata o 15 de xaneiro de 2018.