Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Difusión

O acceso á información no campo da Enxeñaría de Minas e da Enerxía converteuse no noso entorno nun proceso fácil e directo coa chegada das novas Tecnoloxías da Información e Comunicación.

Iso fai evidente os seus logros ao noso benestar diario, aumentando o desenrolo social e creando condicións axeitadas para a innovación na industria e na economía. Sen embargo esa inxente fonte de saber non ten un intres e un recoñecemento na sociedade en xeral e no alumnado en particular.

Un dos obxectivos dos contidos desta páxina é espertar a curiosidade e involucrar á cidadanía a través de actividades de divulgación e difusión baseadas en contidos documentados por o profesorado da EME cun linguaxe rigoroso pero próximo.

COORDINADORA DE DIFUSIÓN

Marta María Cabeza Simó

+34 986 812 603

Actividades organizadas pola EME


SEMANA DA CIENCIA

A Semana da Ciencia é unha actividade de divulgación dirixida ao estudantado de bacharelato e consolidada no tempo tras celebrar a súa décima edición. Consiste nunha visita guiada (de dúas horas de duración) por laboratorios da escola onde participan en diferentes demostracións cuns contidos relacionados de forma directa cos títulos que se imparten nela a través de actividades manipulativas asociadas á enerxía, os novos materiais, os recursos mineiros e o medio ambiente. No ano 2016 visitaron o centro 750 alumnos de bacharelato de 20 centros de ensino de toda Galicia.

Diptico SdC: 2016 | 2015 | 2014 | 2013 | 2012 | 2011 | 2010 | 2009 | 2008 | 2007


EXPOSICIÓN ITINERANTE: RECURSOS NATURAIS DE GALICIA

A EME ofrece a posibilidade de albergar nos centros educativos unha exposición de carácter didáctico na que se amosan os principais Recursos Naturais de Galicia. Nesta exposición describense os recursos enerxéticos e minerais dos que dispón Galicia.

Exposición itinerante Recursos naturais de Galicia


CHARLAS MONOGRÁFICAS

A EME oferta aos centros de educación secundaria 6 charlas monográficas con contidos asociados á enerxía, os materiais e o medioambiente, temas todos eles relacionados cos graos do centro. A oferta para o curso 2016-2017 é a seguinte:

Física Re-recreativa
Explotación de recursos minerais en España
Materiais intelixentes e outras aplicacións

Aspectos medioambientais na explotación de recursos
Aplicacións da termografía infraroxa
Recursos naturais de Galicia


Actividades nas que colabora a EME


GALICIENCIA

A EME participa cun stand en Galiciencia. Tratase dunha feira que se celebra no recinto do Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole en Ourense, onde se presentan proxectos científicos desenvoltos por centros de secundaria. Este ano participaron 35 colexios e institutos e as visitas de grupos escolares de toda Galicia superaron as 2.000 personas.


CIENCIA EN MOVEMENTO

Ao longo de todo o ano a EME colabora con Ciencia en Movemento, un museo científico itinerante para alumnado de secundaria e bacharelato que divulga a Ciencia e ao mesmo tempo serve de promoción da titulación levando merchandising con información sobre os graos do centro. Durante o curso 2015-2016 visitaron 17 centros e participaron na semana da ciencia organizada en Ponteareas, onde foron visitados por 8 centros. No que levamos de curso 2016-2017 visitaron 8 centros de toda Galicia.


OLIMPIADA DE XEOLOXÍA

En colaboración coa Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra, a EME celebrou a fase territorial da Olimpiada de Xeoloxía, que en 2016 acolleu a 100 alumnos e alumnas de secundaria e bacharelato de 8 centros de ensino da provincia de Pontevedra.

XORNADA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

Anualmente o SIOPE organiza unha feira de orientación universitaria. A xornada é unha actividade que se leva a cabo na Universidade de Vigo para acercar a Universidade ao futuro alumnado universitario. Está destinada principalmente ao estudantado de 1º e 2º de bacharelato aínda que tamén participan de 4º de ESO e de Ciclo Superior de FP. En 2017 asistiron uns 2000 estudantes de 26 centros de ensino secundario. A EME participa cun stand e con charlas informativas sobre os graos.


EDUGAL

O Salón de Oferta de Educación y Formación de Galicia (EDUGAL) é un lugar de encontro entre o alumnado, os profesionais do ensino, os centros de formación e as institucións educativas. Tratase do maior salón da oferta educativa na eurorexión Galicia – Norte de Portugal. A EME participa como expositor para dar a coñecer a súa oferta formativa.


FEIRA DE MINERAIS DE SANTIAGO

Anualmente celebrase en Santiago a Feira de Minerais (adicada en 2016 ao wolframio de Galicia). A EME participa coa Exposición "Recursos naturais de Galicia", a exposición "Usos industriais dos minerais" e a charla "Recursos naturais de Galicia".

Ler nova no DUVI


XEOLODÍA

Anualmente celebrase a nivel nacional o Xeolodía, unha actividade de divulgación do patrimonio xeolóxico que se celebra simultáneamente en todas as provincias de España organizada pola Sociedade Xeolóxica de España e que en Pontevedra se organiza en colaboración coa Universidade de Vigo. No Xeolodía 2016 participaron unhas 150 persoas que visitaron o entorno xeolóxico do Campus Universitario de Vigo.

+info: Véxase o Plan de Promoción e Captación do Centro


Comisión de Divulgación (aprobada na CP do 25/03/2014)
Artigos sobre o 20 aniversario: artigo 1 | artigo 2
Concursos fotográfico 2008 e 2009
Cartel mundo mineiro 2010
Artigo "de dar el paso que sea en firme"
Triptico novos graos: triptico 1 | triptico 2