Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Traballo Fin de Mestrado

O TFM representa un contacto formal do alumnado coa realidade profesional na que se vai a integrar ao finalizar os seus estudos e, como actividade formativa que é, pretende que o alumnado realice, de xeito activo, un traballo aplicado e de conxunto, frecuentemente multidisciplinar, no que poñan en práctica as competencias que se lle van a requirir no exercicio profesional. Dende este punto de vista, debe consistir nun traballo individual de suficiente nivel e complexidade onde se engloben algún dos seguintes perfís:


Perfil académico ou investigador

Require do alumnado a integración e aplicación de coñecementos adquiridos ao longo dos seus estudos.

Perfil profesional

Tratase de resolver un problema de enxeñaría mediante a integración dun conxunto de conceptos, desenvolvementos, resolucións, e toma de decisións a partir das cales o alumnado amose a súa capacitación para atopar unha solución viable dende os puntos de vista tecnolóxico, orzamentario e de execución material.


COORDINACIÓN DO TFM

Elena Alonso Prieto

+34 986 813 775