Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Plan de internacionalización

Coa implantación do Espazo Europeo de Educación Superior, o ensino e a aprendizaxe en linguas estranxeiras cobra especial relevancia. Para promocionar o coñecemento e o uso de idiomas cos que responder con eficacia aos retos dunha sociedade globalizada e culturalmente diversa, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo oferta a partir do curso 2017-2018 un plan de internacionalización de docencia en inglés.

O plan de internacionalización consiste nunha oferta estruturada de materias en inglés dirixida tanto á captación de estudantado internacional como á internacionalización do alumno propio de modo que, o estudante de intercambio pode cursar polo menos un cuadrimestre completo en inglés e o alumnado propio pode cursar polo menos 10 materias do grao en inglés.

O plan comeza no curso 2017/18 finalizando a súa implantación no curso 2019/2020:


(V09G290V01) Grao en Enxeñaria da Enerxía
Código Contido Tipo ECTS Cuadrimestre
G290101Expresión gráfica: Expresión gráficaFB61SG
G290301ElectrotecniaOB61SG
G290306Física: Sistemas térmicosFB61SG
G290305Mecánica de fluídosOB61SG
G290707Xestión da enerxía eléctricaOP91SG
G290203Informática: EstatísticaFB62SG
G290401XeomáticaOB62SG
G290601Recursos, instalacións e centrais hidráulicasOB62SG
G290801ProxectosOB62SG
G290608Motores e turbomáquinas térmicasOB62SG

(V09G310V01) Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
Código Contido Tipo ECTS Cuadrimeste
G310101Expresión gráfica: Expresión gráficaFB61SG
G310301ElectrotecniaOB61SG
G310302Física: Sistemas térmicosFB61SG
G310305Mecánica de fluídosOB61SG
G310701SIX e ordenación do territorioOB61SG
G310203Informática: EstatísticaFB62SG
G310401XeomáticaOB62SG
G310631Recursos, instalacións e centrais hidráulicasOB62SG
G310802ProxectosOB62SG
G310601Xestión de obras e replanteosOB62SG
Curso 2017-2018 Curso 2018-2019 Curso 2019-2020

  • A matrícula (prazos, procedementos, etc.) é igual que o dunha materia ordinaria.
  • Todos os créditos (grupos A, B e C) das materias que forman parte deste programa impartiranse completamente en lingua inglesa.
  • A guía docente da materia, así como o material docente (transparencias, apuntamentos, etc.) e de avaliación (exames, problemas, etc.) deben estar redactados en lingua inglesa.
  • O alumnado debe realizar todas as actividades (exames, presentacións, traballos, etc.) en lingua inglesa.
  • O centro non esixe un nivel oficial de coñecemento de lingua inglesa para poder matricularse nestas materias, pero recomenda que os alumnos que opten por participar teñan un nivel B1 ou equivalente.
  • Os profesores das materias ofertadas foron acreditados mediante exames oficiais para impartir docencia en inglés.
  • Ademais, o plan de internacionalización lingüística da Universidade de Vigo contempla os seguintes recoñecementos para incentivar a participación dos alumnos nestes programas:
    • Subvención parcial das taxas do primeiro exame de acreditación dun dos niveis do MCERL no Centro de Linguas da Universidade de Vigo.
    • Prioridade nas convocatorias de mobilidade internacional do alumnado nos casos de igualdade de puntuación tras a aplicación do baremo correspondente a cada convocatoria.
    • Prioridade na participación en programas de dobre titulación internacional.
    • Recoñecemento da docencia bilingüe recibida no expediente académico e/ou no suplemento europeo ao título.
    • Accións de apoio para a formación lingüística do alumnado, por exemplo cursos no estranxeiro, ou cursos específicos sobre metodoloxías de aprendizaxe e de linguas estranxeiras no ámbito da súa titulación.

RESPONSABLE DO PLAN DE INTERNACIONALIZACIÓN:
Subdirector de Programas de Intercambio e RRII
Higinio González Jorge