Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Benvida ao novo estudantado de grao da EME

O día 7 de setembro de 2018, deuse a benvida ao novo estudantado do Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e ao Grao de Enxeñaría da Enerxía. Neste evento realizouse a presentación a cargo do equipo directivo de diferentes aspectos relacionados coa vida universitaria. Falouse das xestións administrativas que todo estudante da Universidade de Vigo ten que facer ao comezar os seus estudos, da mobilidade estudantil e da planificación docente (materias, horarios, exames, etc.). Ademais interviñeron representantes de diferentes asociacións da Universidade e da Escola como o clube de debate, o equipo de rugby feminino e a Delegación de alumnos presentando os diferentes grupos e eventos que coordinan.

A Sociedade Española de Mecánica de Rochas premia a unha investigadora viguesa

A continuación, guiados por alumnado veterano, realizaron unha visita ás instalacións de Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, Escola de Enxeñaría Industrial e ao Centro de investigación tecnolóxico industrial (MTI). Para terminar coa xornada, o novo alumnado foi convidado a un pequeno aperitivo na Delegación de alumnos onde puideron coñecerse mellor e comentar a súas primeiras impresións, así como, pedir consello aos estudantes veteranos. Benvidos e boa sorte.