Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Minas busca futbolistas entre as súas alumnas

A VIII Carreira Popular Santa Bárbara xa suma 82 inscritos

A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía busca afeccionadas ao fútbol-sala entre as súas alumnas para enfrontarse a un equipo de profesoras que xa pechou as súas fichaxes. A delegación de estudantes recuperou este ano o tradicional torneo deportivo que enfronta a docentes e pupilos dentro da festa en homenaxe á súa patrona Santa Bárbara, que se celebra este venres.

"Os equipos masculinos xa están completos e con moitas ganas de enfrontarse entre eles, pero faltannos alumnas. Con cinco será suficiente. Hoxe fumos polas clases de primeiro a ver se se animan", comentaba Andrés Iglesias, integrante da delegación.

Santa Bárbara 2017


Os partidos celebraranse antes da VIII Carreira Popular Santa Bárbara, que xa conta con 82 participantes. A inscrición, que seguirá aberta ata o mércoees, é gratuita e os corredores aportarán un quilo de alimentos non perecedeiros que serán doados a comedores sociais de Vigo. A proba, cunha lonxitude de 5 quilómetros, arrancará ás 12.30 horas no campus.


Ler a noticia completa