Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Calidade

Co obxecto de favorecer a mellora continua das titulacións impartidas na Universidade de Vigo en Xeral e na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía en particular, garantindo un nivel de calidade que facilite a súa acreditación e o mantemento da mesma, considérase necesario establecer un Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC).

De acordo cos Reais Decretos 1393/2007 e 861/2010, polos que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, todos os títulos que se imparten na Escola de Enxeñaría de Minas intégranse nun Sistema de Garantía Interna da Calidade (SGIC), e participan nos programas de Verificación, Acreditación e Seguimento de Títulos.

A comisión de calidade do centro é o órgano encargado da planificación das tarefas relacionadas coa implantación e seguimento do SGIC.