Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Plan de Acción Titorial

O Plan de Acción Titorial (PAT) da EME recolle un conxunto de actuacións destinadas a favorecer a integración do alumnado na vida universitaria e atender as súas necesidades formativas e informativas.

Supón superar o modelo especificamente académico, só preocupado pola transmisión de coñecementos, e apostar por un modelo educativo no que conflúen ademais funcións socio educativas, baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor/a-alumno/a, alumno/a-alumno/a, etc.

Apóstase, en definitiva, polo desenvolvemento persoal, ademais do académico.

INFORMACIÓN SOBRE O PAT

Itzíar Goicoechea Castaño

Responsable do Programa PAT na EME

+34 986 813 647 |

Ángeles Saavedra González

Responsable do estudantado con necesidades educativas especiais

+34 986 814 047 |

Preténdese ir consolidando unha liña de acción titorial coherente coas necesidades do alumnado, que normalice as distintas accións e acade un axeitado equilibrio entre as expectativas do alumnado e os obxectivos que se expoñen no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.

O plan de acción titorial apunta directamente cara á garantía e á adecuación dos métodos de ensinanza, aprendizaxe e avaliación, á adquisición de competencias do alumnado, á atención á diversidade, á orientación á aprendizaxe, etc., recollidos dunha forma ampla tanto nas memorias dos títulos como no sistema de garantía de calidade da Escola.


Plan de Acción Titorial 2016-2017


Plan de Acción Titorial (aprobado en XE do 06/07/2016)

Plan de Acción Titorial


Titores e mentores do PAT

Titores e mentores no curso 2016-2017