Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Novo alumnado

O equipo directivo da EME quere darche a benvida á Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e informarche das actividades de benvida dos primeiros días de setembro

ACTO DE BENVIDA

O Luns 4 de setembro ás 10:00 horas na Aula M-211, terá lugar o acto de benvida ao estudantado de novo ingreso dos graos do centro. O acto servirá para recibir ao novo alumnado e para informarvos dos aspectos máis relevantes para comezar o curso e os estudos na escola:

A continuación, o alumnado da escola dirixiranvos nunha visita polo centro para que coñezades as súas instalacións e remataredes a mañá cun curso sobre o emprego dos recursos didácticos da biblioteca.


COMEZO DAS CLASES

O martes 5 de setembro as clases comezarán segundo os horarios e calendario escolar aprobados polo centro.


CONFERENCIA

O mércores 6 de setembro ás 13:00 horas no Salón de Actos da Escola de Telecomunicacions, tras finalizar as clases segundo os horarios establecidos, terá lugar a conferencia “Traballando con algoritmos....mentais” impartida por Alejandra Mosteiro.


SESIÓN INFORMATIVA SOBRE OS SERVIZOS DA UVIGO

O mércores 13 de setembro ás 13:00 horas na Aula M-211, tras rematar as clases segundo os horarios establecidos, terá lugar unha sesión informativa sobre os Servizos da Uvigo, onde os seus representantes presentaran a súa oferta para o curso 2017-2018.

Esperámoste nos Actos de Benvida para comezar todos xuntos esta nova etapa da túa vida.