Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Curso Cero

Presentación


Neste Curso Cero poderás ver información básica das dez materias do primeiro curso que comparten os Graos de Enxeñaría da Enerxía e Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos da ETSE de Minas da Universidade de Vigo. Esta coincidencia de materias dos graos segue tamén en segundo curso onde a diferenza entre ambos títulos está nunha única materia. As materias de primeiro curso son semellantes, en contidos e denominación, as de outras enxeñarias:

Nesta materia trátase de desenvolver a capacidade de visión espacial e de coñecer as técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por computador.

Os resultados da aprendizaxe establécense en:

  • Comprender os aspectos básicos dos sistemas de representación e a súa aplicación nas actividades de enxeñería.
  • Saber representar un terreo a partir dunha nube de puntos.
  • Coñecer o proceso de elaboración e interpretación do debuxo de conxunto, lista de pezas e despezamento dun mecanismo.
  • Coñecer as técnicas para avaliar a orientación de capas e pliegues utilizando proxección estereográfica.
  • Adquirir as destrezas necesarias para realizar representacións a man alzada.
  • Adquirir as destrezas necesarias para realizar representacións utilizando aplicacións informáticas de deseño asistido por computador.

Física I é unha materia troncal básica e fundamental que consta de 6ECTs e que ten unha función clara de ponte que adecúa os coñecementos en Física cos que teoricamente o alumnado accede á ETS de Enxeñeiros de Minas. Así mesmo os contidos da materia, equilibrados en canto aos aspectos teóricos e prácticos, serven de enfoque e referente para boa parte das materias científico-tecnolóxicas da Titulación. Así mesmo algún dos créditos da materia abordan contidos máis específicos necesarios para proporcionar unha base ampla de coñecementos que permita o desenvolvemento apropiado nun mundo actual altamente tecnificado, facilitando a adquisición posterior das necesarias destrezas e habilidades teórico-prácticas relacionadas coas actuacións profesionais cun enfoque global dentro do campo das enxeñarías e cun enfoque concreto para os titulados da ETS de Enxeñeiros de Minas. Esta materia ten como competencia específica a comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da Mecánica e as Ondas e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñería. Entre os resultados esperados da aprendizaxe pódense destacar:

  • Comprender os aspectos básicos da Mecánica e as Ondas.
  • Coñecer os fundamentos do proceso experimental utilizado cando se traballa coa Mecánica e as Ondas.
  • Desenrolar solucións prácticas a fenómenos e situacións – problema da realidade cotiá en xeral e en particular os propios da Mecánica e as Ondas.
  • Saber avaliar informacións procedentes de distintas fontes para formarse una opinión propia que lles permita expresarse criticamente sobre problemas científicos e tecnolóxicos actuais relacionados coa Mecánica e as Ondas.
  • Comprender que o coñecemento científico xurde dun proceso de elaboración en interacción coa tecnoloxía e unido ás características e necesidades da Sociedade en cada momento histórico.

O obxectivo que se persegue con esta materia é que o alumno adquira o dominio das técnicas básicas do Álxebra Lineal e do cálculo matricial que son necesarias noutras materias que debe cursar na titulación.

O alumno xa adquiriu no bacharelato uns coñecementos elementais sobre matrices, sistemas lineais e algúns espazos vectoriais. En concreto, xa estudou o teorema de Roché-Frobenius e coñece algunhas técnicas de resolución de sistemas de ecuacións lineais, coñece as operacións con matrices e a noción de determinante e estudou cuestións de dependencia e independencia lineal polo menos nos espazos R2 e R3. Na materia de Álxebra Lineal comézase cun repaso dalgunhas desas cuestións e, sobre todo, coa súa formalización en dimensións maiores que 3.

A parte máis avanzada do curso céntrase no estudo das propiedades espectrais das matrices, as funcións de matrices e a clasificación de formas cuadráticas e os espazos con produto escalar. De forma paralela ao estudo teórico dos conceptos da materia, introducirase ao alumno nalgúns dos métodos numéricos clásicos do álxebra matricial.

Nesta materia preténdese que o alumno adquira os coñecementos básicos sobre o cálculo diferencial dunha e varias variables reais e as súas aplicacións.

O alumno xa ten experiencia en funcións reais dunha variable, e en particular coñece conceptos como continuidade, límite, derivada, extremos, asíntotas ou puntos de inflexión; tamén debe saber utilizar estes conceptos para esbozar a representación gráfica de moitas funcións. Na materia de Cálculo I comézase repasando estes temas e complétase a formación do alumno en dúas direccións: por unha banda, explícanse novas aplicacións do cálculo diferencial nunha variable, como a construción do polinomio de Taylor; por outra, explícase a xeralización destes conceptos a funcións de varias variables.

Cabe destacar que comprender e manexar ben as ferramentas do cálculo diferencial é fundamental para enfrontarse a novos conceptos como as ecuacións diferenciais, imprescindibles para estudar os modelos matemáticos en física e enxeñería.

Coa impartición desta materia preténdese que o alumno adquira coñecementos básicos nalgúns dos ámbitos máis importantes da Química. Estes fundamentos, se son solidamente adquiridos, teraos sempre á súa disposición e poderá aplicalos para determinar a mellor solución práctica ante calquera problema que se lle expoña na súa vida profesional. Evidentemente, tamén lle resultarán imprescindibles para a perfecta comprensión doutras materias da titulación que deberá estudar nos cursos posteriores.

Estes coñecementos están relacionados con distintos aspectos das reaccións químicas como son a súa estequiometría, a liberación ou necesidade de calor por parte das mesmas, a súa espontaneidade, a súa cinética e o grao de extensión das mesmas, é dicir, estudar o equilibrio químico en sistemas homoxéneos e heteroxéneos, acedo-base e oxidación-redución. Así mesmo abordaranse outros aspectos como a xeometría molecular, as forzas intermoleculares e os estados de agregación da materia, facendo especial fincapé nas disolucións. Finalmente, faise unha breve introdución á Química Orgánica.

A palabra empresa evoca en moitos unha idea de audacia e heroísmo, pero nun dicionario de economía a palabra empresa ten o significado que o interpretamos como: unha organización de homes e capitais que traballa e fabrica co fin de vender bens e servizos. O empresario, que é a cabeza de toda empresa, representa o desexo de reunir homes e instrumentos para emprender unha nova aventura.

O economista inglés Keynes adoitaba dicir que o empresario está movido por unha forza animal. Unha empresa fórmase cando alguén se move nesa dirección con entusiasmo e confianza.

Os obxectivos da materia son:
  • Describir a empresa como unha organización que estivo creada para conseguir uns fins concretos.
  • Identificar os factores máis destacados da contorna (mercado, clientes, provedores, conxuntura económica, institucións, marco legal …).
  • Analizar a influencia que todos e cada un dos elementos da contorna exercen no funcionamento da empresa.
  • Analizar a empresa cun conxunto de áreas de actividade interrelacionadas.
  • Identificar as repercusións que as decisións tomadas nun área provoquen nas outras.
  • Manifestar iniciativa persoal, capacidade de organización e eficiencia nos traballos e tarefas realizados individual e colectivamente, achegado idea, tomando decisións e valorando o traballo ben feito.
  • Habituarse a facer consultas bibliográficas, documentais ou persoais para poder esclarecer dúbidas ou solucionar problemas e transmitir as respostas de xeito intelixible, usando un vocabulario técnico adecuado.
  • Identificar as consecuencias, para as empresas e a sociedade, da globalización da economía e as posibles liñas a adoptar fronte a este fenómeno.

Física II é unha materia troncal básica e fundamental que consta de 6ECTs e que ten unha función clara de ponte que adecúa os coñecementos en Física cos que teoricamente o alumnado accede á ETS de Enxeñeiros de Minas. Así mesmo os contidos da materia, equilibrados en canto aos aspectos teóricos e prácticos, serven de enfoque e referente para boa parte das materias científico-tecnolóxicas da Titulación. Así mesmo algún dos créditos da materia abordan contidos máis específicos necesarios para proporcionar unha base ampla de coñecementos que permita o desenvolvemento apropiado nun mundo actual altamente tecnificado, facilitando a adquisición posterior das necesarias destrezas e habilidades teórico-prácticas relacionadas coas actuacións profesionais cun enfoque global dentro do campo das enxeñarías e cun enfoque concreto para os titulados da ETS de Enxeñeiros de Minas. Esta materia ten como competencia específica a comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da Óptica e do Electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñería. Entre os resultados esperados da aprendizaxe pódense destacar:

  • Comprender os aspectos básicos da Óptica e do Electromagnetismo.
  • Coñecer os fundamentos do proceso experimental utilizado cando se traballa coa Óptica e do Electromagnetismo.
  • Desenrolar solucións prácticas a fenómenos e situacións – problema da realidade cotiá en xeral e en particular os propios da Óptica e do Electromagnetismo.
  • Saber avaliar informacións procedentes de distintas fontes para formarse una opinión propia que lles permita expresarse criticamente sobre problemas científicos e tecnolóxicos actuais relacionados coa Óptica e do Electromagnetismo.
  • Comprender que o coñecemento científico xurde dun proceso de elaboración en interacción coa tecnoloxía e unido ás características e necesidades da Sociedade en cada momento histórico.

Nesta materia preténdese que o alumno adquira os coñecementos necesarios para

  • Resumir e analizar información mostral.
  • Coñecer, comprender e aplicar os fundamentos de cálculo de probabilidades e os modelos de distribución básicos.
  • Recoñecer patróns de distribucións e modelizar experimentos aleatorios.
  • Saber construír modelos e verificar hipóteses que permitan contrastar afirmacións sobre parámetros dun modelo ou sobre outras características da distribución.
  • Axustar nubes de puntos e coñecer técnicas de control de calidade que permiten mellorar os procesos.
  • Tomar decisións, mediante inferencia estatística, para poboacións de interese.
  • Manexar información mostral e utilizar modelos matemáticos específicos para tomar decisións e realizar predicións.
  • Planificar sistemas de control de calidade.

A estatística ten un marcado perfil instrumental polo que é fundamental o seu interrelación con outras materias da titulación. Para abordar a materia o alumno deberá ter presentes os conceptos estatísticos e matemáticos estudados na Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato Ao alumno supónselle coñecementos básicos de cálculo nunha variable. Deberá saber facer uso dos diferentes recursos que ofrece a biblioteca e suporáselle un manexo básico do computador.

O obxectivo que se persegue con esta materia é que o alumno adquira o dominio das técnicas básicas do cálculo integral e as súas aplicacións. Ao termo desta materia espérase que o alumno logre comprender os fundamentos básicos da teoría da integración de funcións reais e, ao mesmo tempo, manexe as técnicas elementais de integración de ecuacións diferenciais ordinarias.

Esta materia – que necesita as capacidades adquiridas nas materias previas “Matemáticas: Álxebra lineal” e “Matemáticas: Cálculo I” – céntrase na súa primeira parte no cálculo integral de funcións dunha e varias variables (e os métodos numéricos para a súa aproximación), e na súa segunda parte nas ecuacións diferenciais (e os métodos numéricos para a súa resolución).

Estas nocións teórico-prácticas serán imprescindibles tanto para a súa correcta utilización noutras materias da titulación a fin de resolver problemas prácticos da Enxeñería, como para a consolidación das capacidades de razoamento abstracto e dedución.

Nesta materia preténdese que o alumno adquira os coñecementos básicos sobre as distintas ramas da xeoloxía para incorporar estes saberes científicos e técnicos ao servizo das necesidades do home, é dicir para desenvolver solucións prácticas a fenómenos e situacións-problema relacionados coa enxeñaría.

Os coñecementos a adquirir nesta materia vanse a centrar no estudo da composición, estrutura e xénese da materia mineral e as súas combinacións (cristalografía, mineraloxía, petroloxía…), na Xeodinámica ou estudo dos procesos xeolóxicos que afectan á terra e determinan a súa constante evolución, xa sexan estes endóxenos ou exóxenos (sismoloxía, vulcanoloxía, xeoloxía estrutural, tectónica, xeomorfoloxía, hidroloxía, climatoloxía…) e na Xeoloxía Histórica ou estudo da sucesión dos episodios xeolóxicos que definen a historia da Terra (estratigrafía, sedimentoloxía, paleontoloxía…).

Estas nocións de carácter tanto teórico como práctico, van ser imprescindibles para a correcta comprensión e aplicación noutras materias da titulación relacionadas coa prospección e explotación mineira, a xeoloxía do petróleo, a hidroxeoloxía, a enxeñería xeolóxica, a mecánica de chans e rocas, a xeofísica e xeoquímica e a xeoloxía ambiental.