Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

A directora xeral de Investigación e Innovación defende en Vigo a necesidade de potenciar o papel das OTRIs

Na súa visita reuniuse cos responsables das tres escolas de enxeñaría do campus

A directora xeral de Investigación, Desarrollo e Innovación do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, Teresa Riesgo, defendeu este venres en Vigo a necesidade de potenciar o papel das Oficinas de Transferencia de Resultados, OTRIs, tanto das universidades como de calquera outro organismo de investigación (hospitais, fundacións, centros tecnolóxicos, etc) como unha das principais estratexias para favorecer a transferencia. Fíxoo na Escola de Enxeñería Industrial onde impartiu a conferencia La transferencia del conocimiento: próximo reto europeo, unha intervención na que estivo acompañada polo reitor da Universidade de Vigo, Manuel J. Reigosa; a vicerreitora de Transferencia, Consuelo Pérez e o director da EEI, Juan Pardo.

20190315

Catedrática de Tecnoloxía Electrónica na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais da Universidad Politécnica de Madrid, onde dirixiu o Centro de Electrónica Industrial, Teresa Riesgo conta cunha “máis que solvente” carreira investigadora, tal e como destacou o reitor durante a súa presentación, quen nesta liña destacou que “sempre é unha boa noticia cando o Estado capta para os seus gobernos persoas que saben, que son cociñeiros antes que frade”, ao que engadiu que “no ADN da Universidade de Vigo sempre estivo a transferencia” e esa aposta semella que nestes momentos está a ser recoñecida tanto a nivel estatal como europeo.


Ler a noticia completa no DUVI