fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

A Universidade proxéctase en Edugal coa súa maior representación nesta feira

Máis de 5000 estudantes pasarán nestes días polo Pazo da Cultura

Máis de 5000 estudantes, segundo a organización, pasarán entre este mércores e este venres pola oitava edición do Salón de Oferta de Educación e de Formación de Galicia Edugal, que nesta xornada celebrou a súa inauguración no Pazo da Cultura e no que a Universidade de Vigo participa coa súa maior representación ata a data no evento que promove a Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (Aempe) e que reúne a un total de 56 expositores. 17 facultades e escolas dos tres campus contan cun stand propio no espazo no que a institución académica busca achegar información e asesoramento aos que poden ser os seus futuros alumnos e alumnas.

20190227

“Os rapaces que veñen a Edugal están terminando o Bacharelato, a ESO ou unha FP, teñen que tomar decisións e para que poidan elixir con criterio, deben ter toda a información”, salienta a vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Ordenación Universitaria, Natalia Caparrini. Con ese propósito, a Universidade de Vigo proxéctase nesta feira cun espazo presidido por un stand no que obter información das diferentes titulacións e aos que se suman os 17 postos das diferentes facultades e escolas.


Ler a noticia completa no DUVI