fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Na procura dunha metodoloxía xeoespacial de baixo custo para unha xestión máis sostible das áreas mariñas

As probas experimentais desenvolveranse nas Illas Cíes

Once investigadoras e investigadores do Grupo de Ecoloxía Costeira do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal e do Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas do Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo, xunto a persoal do Parque Nacional das Illas Atlánticas, traballarán ata xaneiro do ano 2020 no proxecto Alganat2000 (Mellora da xestión, seguimento e mantemento da biodiversidade en áreas mariñas protexidas mediante técnicas xeoespaciais automatizadas de baixo custo para a monitorización e cartografiado de hábitats intermareais).

20190225

Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e máis concretamente as Illas Cíes, será o escenario no que se desenvolverá o traballo experimental de campo e tamén onde se organizarán as actividades de transferencia do proxecto, que cos obxectivos de contribuír á xestión sostible de áreas mariñas protexidas con actividade pesqueira e de manter a biodiversidade mariña, desenvolverá unha metodoloxía automatizada e innovadora baseada en técnicas xeoespaciais, que combine a análise de imaxes satélite e das obtidas desde vehículos aéreos non tripulados para a cuantificación in situ da abundancia e estado fisiolóxico das macroalgas.


Ler a noticia completa no DUVI