Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Tituladas pola Universidade e agora formadas para “inspirar” ás científicas e tecnólogas do futuro

O programa Inspira Steam Galicia chegará aos centros en marzo

Son 18 mulleres egresadas pola Universidade de Vigo, na súa maior parte nas enxeñarías industrial, de telecomunicación e minas. Todas están en activo, algunhas á fronte de empresas creadas por elas mesmas e nalgúns casos, mesmo imparten clase nos centros nos que un día foron alumnas. E desde esta semana todas elas son ademais mentoras do proxecto Inspira Steam Galicia, unha iniciativa que tivo a súa orixe na Universidad de Deusto coa finalidade de promover as vocacións científicas e tecnolóxicas entre as nenas, e arredor da que a Universidade de Vigo comezou a traballar hai case un ano coa iniciativa IREI, Inspirando ás Rapazas para Estudar Enxeñería.

20190222

Agora, tras a sinatura dun convenio cos promotores de Inspira Steam, a iniciativa da institución viguesa entra nunha nova fase, que arranca coa formación das mentoras, que trasladarán ao alumnado de 6º de Primaria de varios centros escolares da área de Vigo a súa experiencia profesional e fomentarán entre as rapazas as disciplinas científicas e tecnolóxicas.


Ler a noticia completa no DUVI