fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Reparto de premios no peche das celebracións de Santa Bárbara

Na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Como remate ás celebracións de Santa Bárbara, patroa da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, o centro acolleu esta semana un acto de entrega de premios, así como dúas conferencias sobre as enerxías do futuro e as saídas profesionais no ámbito da enxeñaría de minas.O primeiro dos premios, entregado ao mellor expediente do Máster Universitario en Enxeñaría de Minas do curso 2017/18, dotado cun importe de 600€ e concedido por Coinme, foi parar as mans de Enrique Manuel Villar Alonso como recompensa os seus esforzos académicos.

20181207

Por outra banda, tres premios foron concedidos no marco do II Concurso de Fotografía Enfoca.rme. Financiados pola Cámara Oficial de Minería de Galicia, os galardoados foron Denis Barros Caballero por Eterno luar (1º); Carla Carballar Abal por Más allá del muro (2º); e, por último, o accésit foi para Eduardo Millán López por Camino de fuerza. Os mozos e mozas premiadas no concurso de fotografía obtiveron unha cámara réflex no caso do primeiro premio, unha cámara compacta para o segundo e unha mochila fotográfica para o accésit.


Ler a noticia completa no DUVI