Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Comeza o estudo das pinturas rupestres prehistóricas de Vilardevós

Dirección Xeral de Patrimonio financia a intervención arqueolóxica

Un equipo galaico-luso liderado pola Universidade de Vigo está a realizar o proxecto de intervención arqueolóxica no abrigo con pintura rupestre prehistórica localizado no Concello de Vilardevós, na provincia de Ourense, o pasado ano. O proxecto, financiado pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, permitirá afondar no coñecemento “do segundo sitio con pinturas de estilo esquemático que se descubre e escava en Galicia”, segundo subliña Beatriz Comendador, profesora da Área de Prehistoria da Universidade de Vigo e investigadora do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (Geaat) que dirixe o proxecto.

A historia antiga reescríbese en feminino

O obxecto de estudo, detalla a súa responsable, son “pinturas vermellas sobre un penedo cuarcítico que configuran motivos pouco visibles a simple vista”. Os motivos mellor conservados, comenta, son dixitacións de cor vermella localizadas en 2017, aínda que en posteriores visitas foron identificados outros motivos máis dificilmente perceptibles. Pertencen, apunta a arqueóloga, “ao denominado estilo esquemático, que poderían ser obra das primeiras sociedades agropastorís do Neolítico ou algo posteriores”. “É un reto moi importante estudar estas pinturas pois ofrécennos moitas posibilidades de investigar cousas que non se tiñan estudado ata o de agora”, comenta Beatriz Comendador, que lembra como a zona do val do Támega “é moi importante porque se sitúa na fronteira natural entre a gran rexión bioclimática atlántica e a rexión bioclimática mediterránea, pola que preferentemente se expande a tradición de arte esquemática pintada en Europa Occidental”.


Ler a noticia completa no DUVI