Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

78 novos profesionais do eido mineiro e da enerxía culminan os seus estudos

Acto de graduación dos graos e mestrados da EME no Teatro Afundación

Para algúns será un punto e aparte e para outros un punto e seguido, pero para todos eles e elas o acto de graduación foi unha festa, o fin dunha etapa ben como estudantes de grao ben como alumnos de mestrado. En total, 78 novos egresados e egresadas da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía recibiron os seus diplomas e bandas no derradeiro acto de graduación do campus de Vigo neste curso 2017-2018.

En total graduándose 48 estudantes da quinta promoción do grao en Enxeñaría da Enerxía, 15 da quinta promoción do grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos, 13 da terceira promoción do mestrado en Enxeñaría de Minas e dous do mestrado en Xeoinformática.

78 novos profesionais do eido mineiro e da enerxía culminan os seus estudos

No acto estiveron presentes a vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, Natalia Caparrini; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; o delegado Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves; a directora da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía: Elena Alonso; o decano-presidente do Colegio de Ingenieros de Minas del Noroeste, Juan José Fernández e o decano-presidente do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Minas de Galicia, Atanasio López.


Ler a noticia completa no DUVI