Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Elena Alonso asume a dirección da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Tras obter o respaldo maioritario da xunta de escola do centro

Elena Alonso Prieto, profesora titular da Área de Explotación de Minas, foi elexida este mércores -28 votos a favor, 1 abstención e ningún en contra- nova directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía substituíndo no cargo á profesora María Araújo, que exercía como directora en funcións tras asumir Natalia Caparrini, a anterior directora, o cargo de vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria.

Xunto a Alonso Prieto completan o novo equipo directivo do centro a profesora María Araújo, como subdirectora de Planificación e Organización Académica; David Patiño, como subdirector de Infraestruturas; José Santiago Pozo, como subdirector de Relacións Externas e Mobilidade, e Ángeles Saavedra, como secretaria.

Elena Alonso asume a dirección da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

“É un equipo formado por persoas con experiencia en xestión académica ou xestión de investigación, moi implicadas na vida académica do centro e que proveñen de diferentes ámbitos e sensibilidades, o que penso que é un elemento esencial e moi enriquecedor”, subliñou a xa nova directora do centro, que quixo tamén agradecerlle a todas e todos ter aceptado formar parte deste proxecto “para min inconcebible se non se formula como un traballo de grupo e cun bo equipo”.


Ler a noticia completa no DUVI