Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Unha nova e sostible vida para a canteira de Richinol

O I Premio de Restauración Sostible de Espazos Mineiros xa ten gañadores

Elena Domínguez, Xoel González e Víctor Lago, estudantes da Universidade de Vigo, conforman o equipo gañador do I Premio de Restauración Sostible de Espazos Mineiros, un certame convocado pola Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, que ten como finalidade darlle unha nova vida a unha canteira en desuso, neste caso á canteira de Richinol, preto de Melide.

Esta semana o xurado do concurso, formado por técnicos da propia empresa ARE, propietaria da canteira, profesionais da restauración, docentes do campus e alumnos dos graos de Enxeñaría da Enerxía e Enxeñaría de Recursos Mineiros e Enerxéticos, deu a coñecer o seu veredicto.

Unha nova e sostible vida para a canteira de Richinol

A proposta gañadora consiste, como explica o equipo impulsor, na creación dun espazo verde, ecolóxico, con carácter autosostible empregando enerxía limpa, tratamento de residuos e integrando todos os elementos da restauración na paisaxe natural existente, revexetando a área con especies autóctonas.


Ler a noticia completa no DUVI