Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

28/11/2018 - steelChallenge 13

steel Challenge 13

O 28 de novembro do 2018 levarase a cabo o campionato rexional steelChallenge-13.

Os participantes accederán á competencia dende o sitio web de steeluniversity e terán 24 horas para producir un grao de aceiro que cumpra cos requisitos técnicos ao menor custo por tonelada.

Desta primeira sesión, os 10 primeiros clasificados de Europa, a CEI, Oriente Medio e África veranse as caras no Campionato Mundial que se celebrará o 16 de abril de 2019 en Madrid, España. Como un ano máis, o estudantado da materia "Obtención e Transformación de Materiais Metálicos" do Mestrado Universitario en Enxeñaría de Minas e "Instalacións e procesos de obtención de materiais metálicos" do Grao de Enxeñaría dos recursos mineiros e enerxéticos participarán apoiados pola profesora Marta Cabeza.

Se che gustaría participar no concurso, accede á web e contacta coa profesora Marta Cabeza, .

Animádevos… será unha experiencia "metalifricante".


Máis información