Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Actos de Benvida 2017

Acto de Benvida das titulacións de grao


O 4 de setembro ás 10:00 horas na Aula M-211 terá lugar o acto de benvida ao estudantado de novo ingreso dos grados do centro.

O acto consistirá na presentación por parte do equipo directivo dos aspectos máis relevantes para comezar o curso e os seus estudos na escola, a continuación alumnado da escola lles farán unha visita pola escola para que coñezan as súas instalacións e rematarán a mañá cun curso sobre o emprego dos recursos didácticos da biblioteca.


O martes 5 de setembro as clases comezarán segundo os horarios e calendario escolar aprobados polo centro.


Acto de Benvida do Mestrado en Enxeñaría de Minas


O luns 18 de setembro de 10:00 a 11:00 terá lugar o acto de benvida na Aula de Graos en horario da materia “Modelización e avaliación de recursos mineiros”. Soamente se suspende a docencia desta materia en horario de 10:00 a 11:00, impartíndose con normalidade de 11:00 a 12:00. O resto das materias, incluso as que se imparten de 9:00 a 10:00, impartiranse con normalidade.


As clases comezan o día 18 de setembro, luns, segundo os horarios e calendario escolar aprobados polo centro.